Productos destacados

En el 450 aniversario del nacimiento. HAMLET de Shakespeare

Para una mañana cualquiera de domingo os ofrezco EL LIBRO DEL DÍA, todo un clásico. Este año se celebra el 450 aniversario del nacimiento de William Shakespeare . Nuestro homenaje hoy es para celebrarlo con la lectura de una de sus obras más conocidas HAMLET.

LA LIEBRE CON LOS OJOS DE AMBAR de Edmund de Waal

Francisco Javier Fuentes (56 años) nos recomienda este libro.

Historia de las miniaturas. Muchas referencias a la historia de Europa del siglo XIX al contar la historia de una familia.

 

SINOPSIS

Más de doscientas figuritas de madera y marfil, ninguna de ellas mayor que una caja de cerillas, son el origen de este fascinante libro en el que Edmund de Waal describe el viaje que han hecho a lo largo de los años. Un viaje lleno de aventuras, de guerra, de amor y de pérdida, que resume, en la historia de una familia, la historia de Europa en los siglos XIX y XX. Un texto evocativo y de gran belleza que comienza con una pequeña liebre de ojos de ámbar que se mezcla en un bolsillo con las monedas, y termina, como todo auténtico viaje, con el descubrimiento de uno mismo.Edmund de Waal (Nottingham, 1964) es ceramista y sus obras se han expuesto en diferentes museos y colecciones, entre ellos el Victoria&Albert Museum y la Tate Britain. Es profesor de cerámica en la Universidad de Westminster y vive en Londres.

LOS GOZOS Y LAS SOBRAS de GONZALO TORRENTE BALLESTER

Dividido en tres volumes, Los Gozos y las sombras deixa unha pegada de unidade. Son moitas as personaxes aínda que sexan só unhas poucas as que fican na memoria (para os lectores non de todo memoriosos coma min).

 

Información sobre a trama da obra:

Os Deza. Carlos Deza, o protagonista, fillo dos novos tempos; fixo estudos en Madrid –a nai enviárao fora de Galicia- e logo en Austria, psiquiatría; alá tivera un amorío cunha compañeira de estudos da que se esquecerá ó afastarse do destino que lle viña imposto. Viaxa en tren a París, de Camiño a Galicia, a Puebla nueva del Conde máis concretamente, vila imaxinaria –comá de Víctor Fernández Freixanes nas súas novelas, Vilanova de Alba, de que lin a fermosa historia de amor, como esta de Los Gozos y las sombras, Cabalo de Ouros, historia descomunal dunha partida de baralla na Galicia deste mesmo tempo mediado o século vinte-; chega á súa casa, casa grande de señorío, con escudeiro, Paquito El flautista, o tolo de Puebla nueva del Conde. O fraile, Eugenio Quiroga, e a reconstrucción da igrexa de Santa María de la plata. “La Galana”, e Doña Mariana, contrapostas e idénticas a un tempo, mulleres principais das respectivas familias, mais unha apracible, apenas debuxada, outra de carácter resolutivo, que se impón por fidalguía e carácter: cabelo claro; así o supoño: recordo que o tiñan os Churruchaos e máis os Deza e os Sarmiento, e máis os Aldán: Juán Aldán, anarco-sindicalista e republicano, Inés, xoven beata, dulce, inocente e apaixoada, que creo recordar que vive unha historia de amor… As paixases, os lugares, as escenas, recórdoos vivamente, os caracteres, forte o de Cayetano, fillo de “La Galana”, e propietario dos Asteleiros; a vida pobre dos mareantes que deixaron tradicións e casas para vivires en peores condicións traballando nos asteleiros; Doña Mariana mantiña uns poucos barcos de pesca no negocio e así asomaba a rivalidade: e a súa preocupación unha noite de treboada; e o despacho de Cayetano, fardando de novo rico, convidando a wiski e amosando cadros e mobres a Carlos; e o balbordo na tasca dos mariñeiros e a aparición do descoñecido, o respeto da xente rexa polo señoriño cultivado e viaxado, a descuberta por parte de Carlos da súa propia identidade: tralo regreso continuar debaténdose entre decisión nas que mandan moito os país mortos, a nai, os papeis encontrados do pai; e a parenta, Doña Mariana, que lle explica, que o alenta, e acaba por o comprender ou respetar, a descoberta de tanta xente singular: o boticario: reunión na botica ou no Casino; o poder dos novos ricos, o poder de Cayetano, terrible poder… E o recen chegado que encontra unha fala que aparenta ignorar e que coido que o fai axuntar todos eses sentimentos nunha actitude de exploración, curiosidade polas xentes e os lugares, as vivencias, ata dar conta de todo e reencontrarse ou saberse novo, cun novo porvir.

Esta historia realista encarrilouna Don Gonzalo Torrente Ballester antes de ter feito experimentos fantásticos en Don Juan (1963). Trátase dun libro encantador: aqueles romances dun Don Juan a cabalo entre varios séculos e conquistas varias, a súa ousadía ‘teolóxica’; e mais tamén, claro está, o Don Gonzalo transfigurado nun coprotagonista-narrador un pouco temeroso: tremelexante parecía en todo momento ou en moitos, inda que espelido, intelectual na súa xusta medida: Aquel seu visitar a cotío unha librería de vello cheíña de libros de santos doctos, escolásticos, tomistas; e máis o Garbanzo Negro, servinte –erudito tamén, en temas divinos e mundanos, coma Don Gonzalo e Don Juan, respectivamente, como é de suponer-; era con estas tres personaxes coas que principalmente entretecía o relato, alá no París recoñecido das historias de amor, mediado o século vinte; Italia e máis Sevilla, e máis a súa ben querida Salamanca, os destinos para as súas andanzas; as épocas como xa dixen unha viaxe de séculos: A celestina, outra historia dentro da historia, transfigurada, como a personaxe do narrador e máis a historia de Don Juan; A celestina, dicía: Algarabía nunha tasca de mais ben pouco decoro nas partes escuras -que non identifiquei, todo me pareceu luz e dignidade, orgullo ou limpeza ou seriedade, por moita festa que houber- de Salamanca (cf., comparar co relato de Alfredo Conde no seu libro Música sacra sobre a cidade daquel tempo): obras de teatro dentro do relato: unha transfiguración dunha obra moderna nunha antiga, contemporánea, ou sexa; con personaxes que pasan dunha escena a outra de forma máxica -inesquencíbel, meu mellor recordo daquela novela, a obra de teatro. E namoradas: A muller da cafetería, desesperadiña de amor, e máis a elegante e bela principal muller do relato, quen acadará, ou non, o amor dun Don Gonzalo tremelexante, indeciso, un cabaleiro doutros tempos, tamén intelectual nos diálogos con esta muller como co Garbanzo negro. (Levada a cabo, coido que con fortuna, a idea, en Tu rostro mañana, de Javier Marías, de que as personaxes falen complexamente como o fai o narrador, con corrección, con complexidade, con familiaridade tamén.) Transfigurado Don Gonzalo nun narrador-protagonista, como Marías: cambian un pouco e aflora millor así o carácter destes escritores; como o fai Cortázar, en Rayuela e nas outras novelas, coido eu: cada un dálle o seu punto á brincadeira de verse no libro: protas amáis de narradores, cambiando cousas, ou tal din: cambian os nomes e circunstancias, e logran amosar millor o seu carácter; débolle a reflexión a Elvira Lindo -autora dos libriños de Manolito Gafotas- nos comentarios á súa última novela coa que lle dá unha nova volta de torca á idea: ela e máis os seus recordos dos anos oitenta, e seu fillo -fotografíaa el-: as andanzas ó empezar a ser unha muller de mundo -téñolle botado o ollo nalgunha librería-:

elpais.com/diario/2010/08/22/eps/1282458419_850215.html

elviralindo.com/

…Don Juan é máis cousas: entre outras é o libro preferido do meu pai, dos que leu deste autor.

Los gozos y las sombras (1957-60-62) antes de ter escrito Don Juan (1963), historia fantástica, e antes da triloxía fantástica (1972-77-80): La saga/fuga de J. B., páxinas complexas coas que non dei avanzado, Fragmentos de apocalipsis, do que apenas gardo memoria, e La isla de los jardines cortados, o mesmo que coa primeira, non dei avanzado, e na que volve aparecer como narrador protagonista. Los gozos y las sombras é unha obra grande, en todos os aspectos, ou así mo parece, inda que se le dun tirón e cobra forza confurme avanzas nos capítulos. Éme unha lástima tela lido porque non é o mesmo, agora, relela sabendo máis ou menos o que vai ocorrer, é dicir, esa primeira lectura de deslumbramento e ‘enganche’ fica no pasado irremediablemente e unha posible relectura xa será máis pausada por forza: o estilo do escritor: a escrita solprendentemente puntuada, e aquel acento ou atitude que se sospeita ou intúe de mediado o grande século  A mesma impresión –de que o protagoista era un trasunto del) leveina con Filomeno a mi pesar (1988), pero seguramente estea equivocado; Stephen King, no prólogo de La torre oscura (3 de sete volumes lidos) di que hay dous tipos de escritores: aqueles que falan de sí, (Arredor de sí, de Otero Pedrayo) e os outros, entre os que se encontra, que fabulan para acadar lectores. E di que non son os uns máis egoísta que os outros; estes escritores pertencerían á primeira categoría así como Stephen King pertencería á destes noutras narracións (¿nalgunha de Las cuatro estaciones ou de Las cuatro después de medianoche?)

Diríase tamén que é importante o que o autor sexa da terra: Don Gonzalo andivo por estes lares, xa maiorciño, coido, con familia e non sei qué circunstancias laboráis; ensinaría, supoño, escribiría, e tería sempre ao carón algún dos fillos que o confortarían cos seus agarimos. Vería estas casas e ás xentes, que por ahí andarán.

BAJO EL VOLCÁN, de Malcolm Lowry

Recomendado por Eduardo García.

Su primera lectura es una experiencia abrumadora. Requiere ser leido y releido de una manera pausada para descubrir todos los matices que emplea el autor para construir la compleja realidad. Es muy interesante descubrir el flujo de conciencia del protagonista.

BOY (RELATOS DE LA INFANCIA)

ESTO NO ES UNA AUTOBIOGRAFÍA ,ES EL RELATO DE UNAS CUANTAS COSAS QUE LE SUCEDIERON A ROALD DAHL DURANTE SU ESTANCIA EN LA ESCUELA Y DESPUÉS DE SALIR DE ELLA.ALGUNAS SON DIVERTIDAS,OTRAS TRISTES .TODAS SON VERDAD Y ALGUNAS DE ELLAS LE INSPIRARON PARA CONTAR FANTÁSTICAS ,DIVERTIDAS Y TERRIBLES AVENTURAS EN SUS LIBROS.

OPINIÓN:
ME GUSTÓ ESTE LIBRO PORQUE ES DIVERTIDO Y TE VES REFLEJADO EN SUS TRAVESURAS.(NO TANTO COMO EL ,PERO ..)ES GRACIOSO .ALGUNAS VECES NO TANTO PORQUE LE PASA CADA COSA....
 
 
TÍTULO:BOY (RELATOS DE LA INFANCIA)
AUTOR:ROALD DAHL
EDITORIAL:ALFAGUARA
NÚMERO DE PÁGINAS:235
PRECIO:8,00€

No result...

Suscríbete y entérate de las ÚLTIMAS NOVEDADES

Nombre:
Email: